Inicio <<

Insulto ao público

“Nunha entrevista a Peter Handke preguntáronlle que era para el América cando era novo. O primeiro que dixo foi -Pois…Walt Whitman-. Para nós hai uns versos de Walt Whitman que reflicten perfectamente o espírito de Insulto ó público e o espírito da adolescencia.

Que eu me contradigo?
Pois si, contradígome. E, que?
(Eu son inmenso, conteño multitudes.)

Insulto ó Público é Peter Handke. A presenza do autor nun texto chega aquí ás súas máximas consecuencias. Lémbranos a Woody Allen en Historias de Nova York vendo á súa nai en tamaño xigante no ceo. Cando limos por primeira vez Insultos ó Público cos nosos actores e actrices adolescentes non paramos de falar de Handke. Algúen dixo: -Peter Handke é un pouco cabrón cando escribe que os actores se equivocan ou se lles cae algo. E se me equivoco ou se me cae algo?- A ultraconexión Hanke-insultos-adolescentes é inevitable. Eles comparten a clarividencia, o magnetismo, a insolencia, a frescura e a forza.

Nesta montaxe entregamos este texto sublime a un grupo de rapaces e rapazas de entre 14 e 18 anos, xa iniciados no teatro, para que se apropien del da maneira que queiran. Nas primeiras lecturas sobreveu maxicamente un ton, un dinamismo e unha necesidade de acción da que non podemos fuxir. Nin queremos facelo. Non temos medo do tornado que sabemos que se pode desatar”.
Uxía Vaello e Borja Fernández.

FICHA ARTÍSTICA


Autor: Peter Handke | Traducción: Catuxa  López Pato  e Sabela López Pato | Dirección e dramaturxia: Borja Fernández e Uxía Vaello | Creación e interpretación: Andrés Negueruela, Ángel García, Carlota Barrenetxea, Elena Ferreiro, Joaquín Serrano, Lia Clementina Vilas, Marcos Álvarez, Marta Casais, Martín Bussolari e Pablo Sangó | Iluminación e vídeo: Laura Iturralde | Espazo sonoro: Borja Fernández | Vestiario: Uxía Vaello | Colaboración: Instituto Goethe Madrid e CGAG | Agradecementos: José Arca, Roberto Leal, Daniel Baamonde, Gustavo Dieste, Lupe García Prieto, Adriana Pazos Ottón “Espazo Olalab”.

ESTREA


Estrea mundial no Festival Escenas do Cambio 2016, Santiago de Compostela.




Fotografía: Manuel Vicente